Quantcast
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

ExpOtaku 2014 (I): bo comezo

Image may be NSFW.
Clik here to view.
entrada de EXPOCoruña

Onte pola tarde puiden achegarme á quinta edición de ExpOtaku no recinto feiral de EXPOCoruña, e o evento parece que este ano apuntaba aínda más alto que en anteriores edicións. Toda unha boa nova para os seareiros do manga e o anime que se moven por Galicia.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
ramen

Por suposto, a cultura xaponesa impera nun evento deste tipo, chegando até a gastronomía, de aí que non sexan poucos os que incluso se animen a tomar algo de ramen emulando a Naruto Uzumaki.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
takeshi durmindo

Pero, claro, á primeira hora nin chegara moita xente, nin entraba nada no estómago despois do xantar, polo que non me sorprendeu ver que o Xeneral Takeshi botase unha soneca no seu negocio. Image may be NSFW.
Clik here to view.
:D

Actividades a tutiplén

Image may be NSFW.
Clik here to view.
baile

O que teñen os eventos como ExpOtaku é que, como te animes un pouco, non terás tempo para aburrirte, pois hai moitísimas actividades que se desenvolven seguindo un completo programa, entre as que destacan moitas que non teñen hora fixa, pois están desenvolvéndose continuamente.

Na zona central do recinto alternan concursos, bailes coreografiados, desfiles de cosplay… no que sería a parte máis festeira do encontro.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
expotaku_2014_jugger_01
Image may be NSFW.
Clik here to view.
expotaku_2014_jugger_02
Image may be NSFW.
Clik here to view.
expotaku_2014_soft_combat_01
Image may be NSFW.
Clik here to view.
expotaku_2014_soft_combat_02

Pero aos lados tamén había bastante peña a hostiazo limpo, aínda que con suavidade, pois estaban a practicar deportes frikis como son o softcombat e o jugger, no que se empregan armas de espuma, polo que é difícil mancarse, á vez que se fan moitas sobradas que resultan moi divertidas.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
Quidditch Muggle

Postos a frikear, tamén é moi divertida a proposta do Quiddish Muggle, ou sexa, o xogo que podemos ver nas películas de Harry Potter, pero sen as vasoiras voadoras. ¡Xenial!

Image may be NSFW.
Clik here to view.
expotaku_2014_scalextric_01
Image may be NSFW.
Clik here to view.
expotaku_2014_scalextric_02
Image may be NSFW.
Clik here to view.
expotaku_2014_scalextric_03

E para os frikis máis tecnolóxicos, nun curruncho tamén hai pistas de Scalextric que poden empregarse programando o sistema cun ordenador ou manexando o coche coa mente. ¡A de mutantes con telequinesis había por alí! Image may be NSFW.
Clik here to view.
;)


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú