Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Unha fin de semana moi melindreira

$
0
0

XXIII Festa do Melindre

Pouca queixa podía haber da pasada fin de semana en Melide, cunha serie de actividades ao redor da celebración da XXIII Feira do Melindre a da Repostería Tradicional da Terra de Melide, como o I Concurso de Repostería Creativa Melipastel, que pilloume totalmente por sorpresa, xa que non souben da súa convocatoria ata que me avisou un dos seus participantes, Valentín Otero, un fiel oínte do programa A Tarde da Radio Galega.

Melipastel

A competición, pese a contar só con dous contrincantes, foi bastante dura, pois as propostas eran moi diferentes.

10365331_10152410850688966_1140737525619691985_o 10258742_10152410823688966_3552536270171119640_o 10295531_10152410846848966_6674004632586830662_o 10333413_10152410843923966_3090476580426114150_o 1167451_10152410835868966_4830976260638557992_o 10264013_10152410835393966_8539400812689981620_o 10273325_10152410827388966_4774061115794895384_o 10295477_10152410819178966_9142691973427024700_o

Por unha banda a proposta de Valentín era un postre moi colorido e extraordinariamente saboroso. A crema de queixo Arzúa-Ulloa estaba de medo, e as fresas que lle engadiu eran unha pasada, aínda que o detalle máis simpático era o melindre pop, un melindre bañado en chocolate negro que espero que copie algúen reposteiro local, pois como larpeirada para os cativos promete ser un éxito.

O seu contrincante era Francisco Manrique, que corre un grande risco coa súa estética proposta pois, de feito, durante a composoción da sobremesa estragóuselle boa parte do pudin. A idea era bastante boa, intentando representar o Camiño de Santiago por Melide, para o que tivo que debuxar a igrexa de Santa María nunha oblea dun amendoado.

No momento de escribir estas liñas aínda non sei cal foi o gañador, pero pareceume moi difícil a elección, xa que unha das propostas contaba cun grande soporte (aínda que resultando excesivamente laboriosa) e a outra, empregando igualmente produtos da terra, conseguía un sabor difícil de igualar. Eu teño claro cal pediría nun restaurante, pero descoñezo os criterios que empregou o xurado.

A Festa do Melindre

Xa o domingo tivemos unha das mellores Festas do Melindre que podemos lembrar, pois a combinación de promoción (toda a semana se falou da celebración en medios como a Radio Galega) e o bo tempo (chega con non chover para que a xente aproveite un domingo para visitar outras vilas) fixo que Melide estivese ateigado de xente.

1618004_10152410763538966_8111716404924579110_o 10358987_10152410747238966_4697962491986918140_o 10317671_10152410760418966_6351024917700069872_o 10329765_10152410750598966_8097157023299997937_o

O pregón correu a cargo de Federico Pérez (moi coñecido polos seus papeis de Moncho en Era Visto ou de Josito en Padre Casares), quen soubo manterse digno no escenario aínda que metese a zoca até o fondo ou dicir que os melindres levan anís (os de Melide, non).

Iso si, creo que é o primeiro ano que vexo ler o pregón cun iPad mini. ;)

10329862_10152410770368966_3114938165325794842_o 10295099_10152410768703966_6338784698345722918_o 10003643_10152410747418966_8570081399031318212_o 10329684_10152410765293966_5613931084310809643_o

Na propia Praza do Convento tamén estaban cas casetas dos vendedores de melindres locais, onde non falta o mono Chicho, sempre fiel ao Estilo, vixiando que ninguén marcase sen pagar. :D

repostería brasileira

Até había á venda repostaría brasileira

actuacións na rúaO resto de casetas que estaban no contorno ían dende outros negocios locais e doutras partes de Galicia, até unha boa selección de establementos que vendían repostaría e outros produtos de Portugal (e incluso do Brasil), o que deu un bo toque á festa, pois máis de un atreveuse a probar algunha cousiña nova que fose máis aló da repostería melidense ou das célebres Maruxas de Nata. Tampouco faltaban as actuacións esporádicas no medio da rúa, que animaban moito o ambiente, deixando claro que máis que unha feira, era unha festa.

Despois de deixar tan alto o listón, vai ser difícil manter o nivel en sucesivas edicións.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú