Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Lembrando RetroCoruña 2013

$
0
0

impresionante colección de ordendaores clásicos

Fun adiando pouco a pouco o meu repaso da última edición de RetroCoruña, e despois de ter a honra de coñecer en persoa a Víctor Ruíz (Dinamic) e Fernando Rada (Zigurat) xa non podía deixar para máis adiante esta cita anual no Pavillón Municipal de Sada, que na súa última edición foi un auténtico luxo, non só pola impresionante colección de ordenadores clásicos presentes, senón tamén pola presenza de José Ramón Suárez, un dos creadores do xogo Underground que compartiu a súa experiencia no desenvolvemento de videoxogos cos presentes e incluso estivo a fozar un anaquiño antes do seu relatorio cun Robotron KC 87.

José Ramón Suárez deixando os ollos nun Robotron Relatorio sobre a creación do videoxogo Underground O xogo Underground na revista Micro Hobby

No pavillón podiamos comprobar o funcionamento de numerosas plataformas de xogo clásicas, que ían dende gráficos vectoriais monocromáticos controlados mediante un stick de tamaño ridículo ata os sistemas que mediante a emulación e a artesanía conseguen recrear a experiencia de botar unha partida coa recreativa de Out Run.

Xogar ao Out Run con volante non é algo que se poida facer todos os días Pese a que os xogos de loita agora teñen como referente ao Street Fighter, o Yie Ar Kung-Fu sempre será un clásico Se algún xogo marcou no seu xénero, ese é sen dúbida o Metal Slug nas súas numerosas entregas

Grande contraste ao ver que mentres unha persoa xogaba co Danko: Calor Rojo, outro pretendía rematar dun tirón La Abadía del Crimen (¡flipante!).

Grande contraste ao ver que mentres unha persoa xogaba co Danko: Calor Rojo, outro pretendía rematar dun tirón La Abadía del Crimen (¡flipante!).

E pese a que estabamos a celebrar os 30 anos do MSX, un ano máis o Spectrum foi o rei, con moita presenza de hardware e software dunha das miñas máquinas favoritas. Incluso había unha versión do Spectrum que integraba un sistema de cintas para empregalas na aprendizaxe de idiomas.

O ZX Spectrum +2 foi o ordenador de 8 bits máis vendido en España no seu tempo

O ZX Spectrum +2 foi o ordenador de 8 bits máis vendido en España no seu tempo


Moi curioso era o Spectrum deseñado para a aprendizaxe de idiomas ERBE tamén fixo historia grazas á popularización dos videoxogos grazas a un prezo agresivo (875 pesetas) Moitos eran os modelos de Spectrum e accesorios que podían verse en RetroCoruña

Aparte das exposicións, en RetroCoruña tamén se venden produtos, entre os que destacaría a presenza de tablets con Android que grazas á emulación podían funcionar tanto como consolas portátiles como máquinas recreativas en miniatura.

Combinar tablets e emuladores cun mando arcade produce mini-recreativas Tablet facendo de consola portátil grazas á emulación A emulación déixanos rememorar clásicos como Ghosts'n Goblins

Aínda que postos a frikear, a mercadotecnia, tanto importada como artesanal (Hama Beads, babeiros, chapas…), continúa a ter moita presenza, con moita curiosidade á venda á que era moi difícil resistirse. Jimmy picou cunha mini-handheld.

Jimmy mercando unha handheld de peto

Jimmy mercando unha handheld de peto


Produtos curiosos como o paxariño de Homer Simpson Xabróns moi bonitos, coa curiosa indicación de que non son comestibles Chaveiros con sons de videoxogos

E moitas outras cousas máis podían verse no imprescindible encontro sadense (como ver o xogo Donkey Konga en acción) como intentei resumir no seguinte vídeo (gravado co móbil):

Para ver máis imaxes do encontro, publiquei unha completa galería fotográfica en Facebook.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú