Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Mercamelide celebrarase os días 8 e 9 de febreiro

$
0
0

presentación de Mercamelide

Hoxe desenvolveuse en Melide o acto de presentación da feira de oportunidades local que celebrarase a vindeira fin de semana, Mercamelide, que chegará así á súa edición número 13 coa meirande participación da súa historia, con 33 comerciantes que venderán produtos con descontos de ata o 70% no Pazo de Exposicións e Congresos.

Distribución dos espazos en Mercamelide publicada por ASETEM

Distribución dos espazos de Mercamelide publicada por ASETEM

Este evento organizado por comerciantes locais, o Concello e ASETEM fixouse para os días 8 e 9 entre as 11:00 e as 20:00 horas, e non se limitará a contar con establecementos ofrecendo saldos, senón que tamén contará cunha zona de xogos para que os cativos poidan divertirse, celebraranse sorteos, e incluso será unha oportunidade para degustar polbo, churros e filloas.

Pero este non será o último acontecemento que o Pazo de Congresos melidense acubillará nestas datas, senón que o vindeiro 23 de marzo tamén servirá de escenario para a terceira edición do Salón de Voda de Melide.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú