Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

ExpOtaku 2013 (II): o cosplay

$
0
0

foto de familia de cosplayers

Ao asistir o domingo, día no que as persoas disfrazadas entraban de balde a ExpOtaku, puiden ver o apoxeo da feira, con xente que non pestanexaba á hora de pousar para sacar fotografías en grupo ou escenificando combates.

Os disfraces de adestrador Pokémon son doados de recoñecer sen ver a serie. Curioso. Na zona central do recinto había moito movemento de cosplayers Por algún motivo que non entendo, os disfraz de Zelda e Link era relativamente frecuente Admito que o escudo de Link é fardón Non é raro ver a mozas facendo de Link sen que cante. ¿O heroe máis afeminado da historia? Dáme a impresión de que o disfraz de Assassin é "o novo Jedi"
O cosplay era bastante diverso, con xeito que ía tanto de series de animación como de personaxes de videoxogos, de xeito que podiamos ver disfraces de Pokémon, Son Goku, Link, Zelda, Wario, Altaïr, Harry Potter, Dante… igual foi a miña impresión, pero dáme a impresión de que os videoxogos están a gañarlle a partida ao anime.

Harry Potter tamén menea o esqueleto O Gangnam Style pon a todos en acción Nin sequera V pode evitar moverse co estilo Gangnam
Iso si, fosen do que fosen disfrazados, todos facían o parvo ao escoitar o Gangnam Style de PSY.

expotaku_frikis_P1130141 expotaku_frikis_P1130196 expotaku_frikis_P1130323 ¿Alguén pode explicarme o da moza dos globos? ¿Wolverina? WTF?!
De todos os xeitos, houbo algunhas persoas das que non logrei saber de que ían disfrazadas. Supoño que será de personaxes dalgún manga para mozas e personaxes dalgún Final Fantasy (que son mogollón), aínda que non desboto que algúns disfraces sexan totalmente random: perrucas de cores, roupa de cores rechamantes, pose fardona… ¡e a sentirse indignado cada vez que alguén non recoñece o disfraz! ¡O plan perfecto! 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú