Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

ExpOtaku 2013 (I): a cultura xaponesa invade EXPOCoruña

$
0
0

exterior de EXPOCoruña

A pasada fin de semana celebrouse na Coruña a cuarta edición de ExpOtaku, o primeiro dos eventos coruñeses frikis que se desenvolverán ata o mes de setembro (despois teremos HobbyCon, Viñetas desde o Atlántico e RatroCoruña), e centos de afeccionados ao manga, o anime e a cultura xaponesa en xeral (o que tamén inclúe o mundo dos videoxogos) xuntáronse para compartir experiencias e vivir toda unha festa na intimidade relativa que permite un encontro no recinto de EXPOCoruña.

Cómpre advertir de que estamos ante un evento de pagamento (podendo asistirse de balde o domingo de ir disfrazdo) o que evita a asistencia de curiosos e permite que a xente estea moito máis relaxada á hora de expresarse.

tenda de ramen comendo ramen bonsais en ExpOtaku
Un dos primeiros detalles que podemos considerar rechamantes de ExpOtaku é o feito de que considérese case imprescindible tomar ramen durante a feira, o que supoño que é unha tendencia posta de moda por Naruto.

E aínda que a estrea de Karate Kid está moi lonxe, incluso había un posto de bonsais, algo que me pillou totalmente por sorpresa.

Tendas, tendas

alfombrillas dakimakura dakimakura
Pero dos costumes xaponeses que aceptamos neste tipo de eventos hai cousas que rozan o arrepiante, como un dos expositores, no que poidamos ver dende alfombras para o rato que tiñan tetas para facer de repousa-pulsos, ata dakimakuras, esas almofadas para apertar que só teñen sentido na mente dun nipón transtornado, e que supoño que dende España vemos máis como unha curiosidade para facer burla. Sospeito que máis de un compraría unha desas almofadas só para ver a cara que pon a xente ao seu redor cando marche con ela deibaxo do brazo.

Son Goku podería ter atopado rápido as bolas se pasase por ExpOtaku Os bonecos das Bolas Máxicas eran curriños Aínda lembro que a miña primeira camiseta personalizada era de Son Goku As figuras actuais de Dragon Ball son a repanocha O mestre Motenroi continúa inspirando a cosplayers. ¿Será porque é un personaxe divertido de interpretar? En EXPOCoruña puiden ver un combate imposible: Son Goku contra Altaïr (¿que faría un Assassin contra unha onda vital?)
Pero en Galicia seguimos a ter o fenómeno otaku moi asociado á serie As Bolas Máxicas, e pese a que a serie ten bastantes anos enriba, continúa moi de actualidade, estando dispoñible moita mercadotecnia de Son Goku que por desgraza non estaba dispoñible cando a serie arrasaba na TVG.

gorra de Arale os extraterrestres de Dr. Slump
E, lembrando series da TVG, tampouco faltaban produtos relativos ao Dr. Slump e Arale, serie que foi a que fíxome ver a Son Goku no seu día (podiamos considerala como a pioneira en Galicia).

expotaku_big_bang_P1130125 expotaku_big_bang_P1130127 expotaku_big_bang_P1130361 expotaku_big_bang_P1130126
Aínda que as series modernas tamén están a ter o seu impacto, con algún que outro produto inspirado en Game of Thrones, e moitos outros dirixidos aos seareiros de The Big Bang Theory. ¿Unha serie protagonizada por frikis pode dar pé a produtos para frikis? ¡A esgalla!

expotaku_tendas_P1130123 expotaku_tendas_P1130119 expotaku_tendas_P1130124 expotaku_tendas_P1130148 expotaku_tendas_P1130155 expotaku_tendas_P1130128
Pero a meirande parte das tendas eran moitos máis tradicionais, con comics, carteis, chapas, figuras, bonecos, camisetas…

Escribir mal Simpson é cantoso, pero ter un produto de marca Collon... era tendador pillar unha caixa para espetar un "cómeme os Collóns" "Oliver, Benji, los magos del balón. Benji, Oliver, sueños de campeón" (e iso que Benji só saía nos primeiros episodios) ¡Un Doraemon voador! ¡O gorrocóptero existe e funciona! Non faltaban clásicos como Astérix e Obélix Quedei coa dúbida de se a Policía considerará máis perigosa unha máscara de V ou unha espada de plástico ¿Mercadotecnia do LINE? ¿De verdade alguén paga por iso? Nyan nanan nyan nanan nyan nana nyan nyannyan... WTF?! Os videoxogos clásicos seguen a inspirar moitos produtos
Outros produtos eran moito máis rompedores, con referencias a memes de Internet, videoxogos e moitas outras frikadas.

A desaparecida Tanxencias conservou a súa presenza en ExpOtaku E Fer pregunta: "¿es capaz de subir a fotografía a Internet?". Se xa o sabes, ¿para que preguntas? XD Fer e Sue en acción
E, para completar a ecuación, a desaparecida tenda de comics coruñesa, Tanxencias, rexurdiu temporalmente nun expositor no que vendían produtos que na súa meirande parte nunca terían vendido no seu establecemento (como os gorriños ridículos). Espero que repitan a súa presenza no resto de feiras dos vindeiros meses, para poder seguir a ver a Fer e Sue no seu elemento.

Exposicións

expotaku_007_P1130334 expotaku_007_P1130320 expotaku_007_P1130321
E xusto ao carón de Tanxencias estaba a exposición de James Bond, que foi a única presente das 3 programadas pois por un problema loxístico non chegou o material do resto, o que déume algo de rabia porque tiña curiosidade pola exposición de androides do MUNCYT.

De aquí ao sábado continuarei a repasar este encontro en distintas entradas para non saturar cunha única anotación no blog.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú