Image may be NSFW.
Clik here to view.
O Concello de Melide e a Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA) organizan o domingo 17 de marzo a segunda edición do Salón de Voda, un evento que desenvolverase no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide e que pretende facer visible a riqueza e variedade do comercio local e amosar que sen saír da comarca é posible organizar o mellor dos casamentos.
Clik here to view.

Presentación do Salón de Voda
Image may be NSFW.
Clik here to view.
O encontro desenvolverase entre as 11:00 e as 20:00 horas e concentrará unha variada oferta de produtos e servizos propios para a organización dunha voda, cun total de 35 expositores de 16 sectores diferentes. Estarán así presentes establecementos de hostalería, moda, lencería e complementos, florerías, xoierías, imprentas, axencias de viaxes, salóns de peiteado, asociacións, negocios de fotografía, listaxes de vodas, autobuses, doces, coches de época… un amplo abano comercial que exporase ao público en Melide.
Clik here to view.

Zulema Vázquez desfilará durante o Salón de Voda
A empresa lalinense Zafiro Tours realizará un desconto do 6% durante o Salón e sorteará un cruceiro entre todas as parellas de noivos que casen en 2013 ou 2014, aínda que o prato máis forte deste evento melidense será unha pasarela na que a modelo galega Zulema Vázquez Rey, medalla de ouro do Foro Europa 2001, desfilará en dous pases, o primeiro ás 13:00 horas e o segundo ás 18:00 horas. A modelo tamén estará nun photocall para quen desexe fotografarse xunto a ela.
Para facervos unha idea de como será o Salón, velaquí un vídeo no que podemos ver como foi a súa pasada edición:
E, para rematar, velaquí o seu cartel promocional: