Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

HobbyCon (III): Wismichu vs Sheldon Cooper

$
0
0

WismichuAinda que a xornada do venres da HobbyCon fora moi divertida, víase pouca xente polo recinto, o que cambiou radicalmente durante o sábado, con moita xente que aproveitaba que o día estaba un chisco cuberto para pasalo ben sen ter que desprazarse a algún areal.

A estes asistentes había que sumarlles a auténtica animalada de cativos que querían ver en persoa a Wismichu.

Fernando Cabrera AKA Sheldon Cooper

Fernando Cabrera AKA Sheldon Cooper

Pero antes de ver a Wismichu eu quixen pasar pola charla de Fernando Cabrera, o actor de dobraxe que pon voz a Sheldon Cooper (The Big Bang Theory) e Chris Griffin (Padre de Familia), que por desgraza coincidía en tempo coa conferencia do youtuber coruñés e cunha batalla no forte de cartón.

Cabrera foi divertidísimo, aínda que botábase en falta que contase cun moderador que conducise a conversa con el. Contou moitas anécdotas, que ían dende a dificultade de dicir “zas en toda la boca” cando en versión orixinal din “bazinga!” (detallando tamén que ese broma viña herdada da dobraxe de Padre de Familia) até o feito de que o único no que se parece a Sheldon é, segundo a súa muller, que é un maniático. :D

Iso si, ao pouco de comezar tivo que pedir que a xente deixara de pedirlle que interpretarse personaxes e que fixese preguntas de verdade, para o que accedeu a cantar a canción do doce gatiño (pilleina no medio porque non me deu tempo a desenfundar):

Tamén tivo o detalle de mandar un saúdo aos oíntes da Radio Galega:

Asalto ao fortín… de cartón

hobbycon_sabado_12 hobbycon_sabado_13 hobbycon_sabado_14

A fortaleza de cartón serviu de escenario para unha batalla campal na que inicialmente as armas eran avións de papel, aínda que completouse cun brutal combate na que furiosos guerreiros repelían unha invasión. A típica actividade adrenalínica na que todos os participantes o pasaron bomba.

Wismichu congregando a multitudes

hobbycon_sabado_06

Wismichu volveu congregar a unha morea de rapaces, como xa fixera o ano pasado, para velo en persoa e rir coas súas anécdotas. Nesta ocasión o Chatroulette voi moi cortiño e só ao final do acto para cubrir o expediente, mentres que no resto de momentos Isma dedicouse a repasar unha chea de momentos dos últimos anos, narrando experiencias bastante curiosas e orixinais, e respondendo tamén ás preguntas do auditorio.

hobbycon_sabado_08 hobbycon_sabado_09 hobbycon_sabado_07 hobbycon_sabado_10 bill_martini hobbycon_sabado_11

Xogos

hobbycon_sabado_02

Coma en días anteriores, moitos eran os xogos de mesa e outras actividades nas que se podía participar dentro da HobbyCon.

hobbycon_sabado_15 hobbycon_sabado_16 hobbycon_sabado_17

Aínda que como exclusiva durante esta xornada estaba a zona retro organizada pola AUIC, que comezou cunha selección de aventuras gráficas clásicas, e que tivo que reconverterse nunha escolma de xogos máis arcade para captar a atención das novas xeración. :(

Os que si quedarán atá o remate da feira son os mozos dos estudios independentes de videoxogos DemonKoffee e Axóuxere Games, que esfórzanse en dar a coñecer que é posible crear produtos de lecer electrónico dende a nosa comunidade e con moi poucos recursos. Non deixa de ser curioso ver como algún visitante do seu stand acaba enganchándose a xogos como a versión de Xbox 360 de Trap Ball.

Cosplay

E para completar o repaso do terceiro día da HobbyCon, unha vez máis pecho cunha selección de cosplay:

hobbycon_sabado_20 hobbycon_sabado_21 hobbycon_sabado_22 hobbycon_sabado_23 hobbycon_sabado_24 hobbycon_sabado_25 hobbycon_sabado_19 hobbycon_sabado_18

Un puntazo ver a caracterización de Son Gohanda e aos personaxes de Star Wars; aínda que como curiosidade teño que dicir que quedei impactado ao comprobar que a moza que ía de One Piece era a mesma que o día anterior facía de Lady HobbyCon (Harley Quinn).


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


LUIS RODRÍGUEZ FIGUEROA [9822]


KAREN PLATA [18.223]


MARÍA MERCEDES VENDRAMINI [19.341]


DOUKAS KAPANTAΪS [9771]


FABIÁN DARÍO MOSQUERA [17.923] Poeta de Colombia


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


XLR8 – Ben 10


Piccolo