Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

HobbyCon (I): videoxogos made in Galicia e moitas frikadas

$
0
0

hobbycon_entrada_01

Onte principiou unha nova edición da HobbyCon, o evento multidisciplinar coruñés que xunta no PALEXCO a frikis de toda Galicia que gustan dos videoxogos, a banda deseñada, a cultura xaponesa, a ciencia ficción, a fantasía e incluso os xogos de mesa, e para comezar ven a sesión vespertina, conectamos dende o recinto co programa A Tarde da Radio Galega para dar conta do que alí acontecerá até o vindeiro domingo, para o que falamos con Maci, un dos organizadores:

Fernando Prieto, Maci e Carlos Fernández

Fernando Prieto, Maci e Carlos Fernández

Tras falar pola radio, Carlos Fernández (Moonbite) e Fernando Prieto (Gato Salvaje) contáronnos as súas experiencias na creación de videoxogos, deixando claro que a produción de xogos dende Galicia é posible e, pese aos seus comezos complicados, instaban á creación dende a nosa terra.

Exposicións no segundo andar

Xusto ao lado da sala na que tiñan lugar as charlas estaba unha interesante exposición de Miñoco, colectivo de ilustradores que tamén tiña un stand na feira.

A exposición de Miñoco é no segundo andar do recinto de PALEXCO Non é raro ver como dende Miñoco renden homenaxe a series que puidemos ver no seu día na TVG como As Bolas Máxicas ou as Tartarugas Mutantes Integrantes do colectivo Miñoco

Pero a exposición da que gocei máis foi a do Doutor Who, na que incluso tiñan ¡unha réplica da TARDIS!

Na exposición están presentes numerosos desparafusadores sónicos Podemos ver figuras dalgúns dos doutores clásicos Non faltan na exposición os elementos identificativos do Doutor Who da TVG: o sombreiro e a bufanda xigantes Pero a estrela da exposición é sen dúbida a réplica da TARDIS, ideal para sacar unhas fotiños xogando a viaxar no tempo

No andar principal tamén podían verse moitas outras frikadas:

Un forte de cartón!!! recreativas molonas Donkey Kongaaaaa!

Tendas locais

Non faltaron a cita tendas de banda deseñada locais como Kikomic, que tiña algunhas cousas ben curriñas:

Kiko non quixo perder a HobbyCon No stand de Kikomic vendían pocións! Bonitiñas son, pero eu non me atrevería a bebelas Que houbese mercadotecnia de DC tamén é de agradecer

E Sanmi e Bill tamén fixeron o propio no stand de Alita Comics, aínda que mete algo de medo que Sanmi collese a katana de Kill Bill, por se quería matar a Bill realmente. :D

Alita Comics ten un dos stands máis completos desta edición da HobbyCon Sorprendeume ver que aínda rulaba merchandising de Harry Potter Tampouco podemos putear moito a Sanmi, que trouxo a katana de Kill Bill, e igual rodan cabezas literalmente

hobbycon_entrada_02

En definitiva, que a festa xa está en marcha, e promete estar moi activa nas vindeiras xornadas, con convidados moi especiais e numerosas sorpresas. Non faltedes!


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú