Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

ExpOtaku 2014 (III): tendas e outras frikadas

$
0
0

entrada

Oh, si, un dos puntos fortes de ExpOtaku segue a ser a zona comercial, chea de establecementos que venden numerosas pezas de mercadotecnia para que poidamos acumular fetiches frikis que representen as nosas series de televisión, películas e videoxogos favoritos.

expotaku_2014_mercha_01 expotaku_2014_mercha_02 expotaku_2014_mercha_03

O que me dá certa mágoa é que cada vez están mellor feitas as figuras de certo tamaño, e na casa xa non hai que meta máis. ¡Ata a estatua de Vexeta está de medo!

expotaku_2014_tendas_01 expotaku_2014_tendas_02 expotaku_2014_tendas_03 expotaku_2014_tendas_04 expotaku_2014_tendas_05 expotaku_2014_tendas_06 expotaku_2014_tendas_07 expotaku_2014_tendas_08

Pero non todo é material oficial das marcas, senón que tamén podemos ver no recinto moita artesanía. Dende o Dragón Máxico feito con Hama Beads até fundas de móbil de calceta. Loxicamente non faltan produtos como réplicas de distinto tamaño das Bolas Máxicas, material sobre música pop asiática (síntoo, pero non distingo o J-pop do K-pop) até cadros de Walter White.

amigurumi

O que non lembro ter visto con anterioridade son tarros con amigurumi dentro, a xento de peceiras. Un detalle bastante curioso, que incluso pode colocarse con certa discrecion nun fogar.

Frikadas máximas

expotaku_2014_frikada_03 expotaku_2014_frikada_01 expotaku_2014_frikada_02 expotaku_2014_frikada_04

Pero algunhas frikadas eran realmente rechamantes, como os friki-xabróns con distintos motivos, os colgantes de Oreo, os moedeiros con forma de cinta de Eurovisión, a libreta coa cuberta dun caderno Rubio ou incluso a caixiña con ovos de dragón que serían unha agasallo perfecto para a vosa Khaleesi favorita.

Cosplay, cosplay, cosplay

Funtastic Workshop

E no medio de tanto produto á venda, non faltaban as mozas de Funtastic Workshop que xa destacaban en Hobby Con, e que desta volta incluso amosaban as súas creacións en persoa, como o seu cosplay de Batgirl en plan steampunk:

Batgirl Steampunk

O logotipo do morcego quedou moi ben, pero o cinto aínda está máis currado. Un cosplay moi currado, pois aparte do traballo que dá facer os seus elementos, ten un certo toque persoal ao non limitarse a replicar un uniforme en concreto.

expotaku_2014_spider-man expotaku_2014_legoman expotaku_2014_batman_maybe

Tamén había peña disfrazada de Spider-Man, de boneco de LEGO o de Batman, destacando este último por ir sen barbear, o que lembroume a un divertido vídeo musical:

cosplay rechamante

E para concluir o repaso do meu primeiro día en ExpOtaku, había un tío que impresionaba bastante pola súa vestimenta, que non souben situar. Alguén pode dicirme de que vai disfrazado? Algún personaxe de anime ou de videoxogo? Ou trátase dalgo xenérico? Grazas aos comentarios nesta entrada agora sei que vai vestido á moda Cybergoth. :o


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú