Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

A proposta de Funtastic Workshop gaña o concurso de cosplay de Viñetas

$
0
0

A Wonder Woman de Funtastic Workshop

A Wonder Woman de Funtastic Workshop

Na celebración da Hobby Con coñecín ás mozas de Funtastic Workshop (si, as que tiñan esas curiosas coirazas de superguerreiro), ás que liei uns minutos para falar na Radio Galega, e unha delas achegouse a min durante Viñetas desde o Atlántico para comentarme que preparan un disfrace de Wonder Woman para o concurso de cosplay que ía celebrarse o sábado. Por desgraza, sempre estou ausente nas fins de semana de Viñetas, polo que ía perderme o divertido concurso, pero hoxe levei unha alegría ao ver que o traballo desas mozas tan orixinais víase premiado, gañando o concurso coruñés. funtastic_workshop_wonder_woman_521909_335180293280541_1137202584_n funtastic_workshop_wonder_woman_1146506_334923199972917_546130256_n

Supoño que agora a presión será moi grande, pois para o ano que vén terán que superarse de cara a ExpOtaku e a HobbyCon, pero mentres, podemos ver as pezas que están a pór á venda en Etsy, plataforma dende a que venden as súas creacións dende hai pouco. No momento de escribir estas liñas teñen dende seu casco de valquiria ata os mitóns de Iron Man. ¡Que non se diga que non fan cousas chulas!


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú