Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Hobby Con 2013 (III): videoxogos

$
0
0

mario_kart_P1140369

Aínda que as tendas, as exposicións e as conferencias son o corazón dos eventos como a Hobby Con, pero non podemos discutir que a presenza dos videoxogos foi moi forte e, aínda que non houbese moito cosplay de personaxes de videoxogos, a área destinada tanto a xogos actuais como clásicos estaba ateitada de xente.

3ds_P1140356 wii_u_P1130969 super_mario_P1140359

Destacaba especialmente a área de Nintendo, non só polos xogos para Nintendo 3DS e Wii U que podían gozarse, senón polas numerosas actividades para os cativos que organizaban os animadores que había alí. Unha grande contribución a que os máis novos pasasen bos momentos na Hobby Con (¡gorriños, gorriños!).

fifa_P1140362 mortal_kombat_P1130988 street_fighter_P1140364 mario_kart_P1130982 sonic_P1140094 kingdom_hearts_P1140346

Os asistentes de máis idade, pola contra, preferían botar partidas ao xogo de fútbol de moda ou ao Mortal Kombat, así como recuperar vellos títulos en consolas clásicas. Botar unha partida cunha Megadrive, unha Super Nintendo ou unha Nintendo 64 nun televisor de tubo pode achegar unha experiencia de uso moi inferior a xogar cunha PlayStation 3 nun televisor LED de 40 polgadas, pero as emocións que se viven aos mandos dunha consola clásica seguen a ter o seu encanto.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú