Quantcast
Channel: Eventos – Marcus.gal
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Hobby Con (I): unha feira diferente

$
0
0

PALEXCO

O PALEXCO da Coruña está a acoller estes días a primeira edición da Hobby Con, unha feira multidisciplinar que xunta xogos de mesa, banda deseñada, anime, videoxogos e ciencia ficción, no consolida unha especie de ruta de festeira friki na cidade herculina, que comezou hai un mes con ExpOtaku, continuará nos dous vindeiros meses con Viñetas desde o Atlántico e RetroCoruña. Dende a organización da Hobby Con recoñeceron que se trataba dunha conspiración para converter á Coruña na cidade máis friki de Galicia (aínda que apuntando que en Vigo había moito friki de dios, sendo a cidade con máis presenza en ExpOtaku, o que resulta un tanto rechamante).

gato_salvaje_P1140391 mecha_P1130950 gato_salvaje_P1140392

Ao entrar no recinto atopamos unha sección destinada á creación de videoxogos, na que destacan os mozos de Gato Salvaje (estudio coruñés que está a desenvolver o xogo AR-K) e un mecha que está dispoñible para que a xente poida sacar fotografías ao seu carón.

armas_P1130999 armas_P1140003 armas_P1140006

Neste primeiro andar tamén temos zona de videoxogos, algunhas tendas e, nun curruncho, unha curiosa exposición de armas, que máis dun aproveitou para sacar unha fotografía en plan camper. Vaia, que mentres pasaba por alí escoitei a verios berrar iso de «headshot».

mesa_P1140382 mesa_P1140385 mesa_P1140080 mesa_P1140083 mesa_P1140011

Xunto a este curioso espazo tiñamos un conxunto de mesas nas que poder gozar de distintos xogos de mesa e de cartas, cunha variedade que poderían pillar por sorpresa a calquera que non se mova en certos círculos. ¡Hai moita vida máis aló das cartas de Magic e do Trivial Pursuit!

karaoke_P1130993 karaoke_P1140375 karaoke_P1140378 karaoke_P1140090

Tamén había un animado espazo musical na que a xente ensaiaba coreografías e facía karaoke, destancando cancións en xaponés, aínda que a min facíame máis graza cando se atrevían con temas en español como o de Pokémon.

Segundo andar

Pero non había que correr o risco de deixar de visitar o segundo andar o recinto de PALEXCO, no que se repartían exposicións, tendas de artesanía e salas nas que tiñan lugar conferencias.

hama_P1140105 hama_P1140106 retratista_P1140031

Tras subir as escaleiras (se algún é preguiceiro, tamén hai ascensor) atopei nunhas mesas a xente participando nun obradoiro de hama beads, o que de seguro que interesa a moitos amantes do pixel art. Pareceume curioso ver a un retratista que facía caricaturas ao momento por encargo (algunhas das súas obras de exemplo eran moi boas).

photocall_P1140039 fkm_P1140272 fkm_P1140273

Tamén resultoume divertido un photocall no que poidamos pousar para fotografías facendo uso de caretas de Star Wars. E ao lado mesmiño do photocall había un sofá cunha mesiña que tamén tiña boa pinta para sacar fotografías, e que fíxome descubrir que entre os días 16 e 22 de setembro vai ter lugar o Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM 2013.

Exposicións moi interesantes

pesadelo_P1140046 pesadelo_P1140048 pesadelo_P1140049

Pero se queremos ver exposicións, unha das máis discretas é a de Pesadilla antes de Navidad, pero que de seguro que encanta aos seareiros da obra de Tim Burton.

steampunk_P1140050 steampunk_P1140051 steampunk_P1140052 steampunk_P1140053

As pezas que si que gustaron moito aos asistentes eran os que formaban parte dunha pequena mostra steampunk. Estaban tan traballadas que ata dá mágoa vestilas.

star_wars_P1140044 star_wars_P1140055 star_wars_P1140133 star_wars_P1140064 star_wars_P1140057 star_wars_WP_20130704_010

Pero a mostra de material que máis destacaba era o de Star Wars, con pezas expostas na mesma zona que a exposición steampunk e con figuriñas e estatuas no espazo reservado para a Tropa Korriban. Todo un luxo para os seareiros ao universo galáctico de George Lucas (resístome a dicir de Disney).

A maiores tamén había unha exposición de fotografías do Xapón e do Doutor Who, pero parecéronme pouco descatables (especialmente a do Doutor, pois o personaxe dá para moito máis que unhas poucas fotografías).


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú