Quantcast
Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

MexilOnseTuits 2013: un ano máis poñendo ao Morrazo no mapa do Social Media galego

Image may be NSFW.
Clik here to view.
Francisco Graña na inauguración do MexilOnseTuits

Francisco Graña na inauguración do MexilOnseTuits

A pasada fin de semana celebrouse en Bueu a segunda edición do Festival Social Media de Galicia coñecido como MexilOnseTuits, evento do que din conta en Código Cero, e que pensei que merecía un pequeno repaso en este espazo para facer un achegamento distinto a este encontro que conseguiu manterse á altura da súa primeira entrega, o que non era nada doado.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
Merchi aledaba o evento co seu eterno sorriso
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Outros asistentes aínda parecía máis felices
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Non podo deixar de pensar o redundante que é combinar iPhone e iPad mini

Francisco Graña de Rodeiramar 2A foi un grande anfitrión, que fixo todo o posible para que as distintas actividades da xornada saísen todo o mellor que foi posible, aínda que a metade dos asistentes estaban que se subían polas paredes porque fallou a Wi-Fi do auditorio e dentro non había conectividade móbil 3G. Por desgraza, este tipo de carencia está a converterse en habitual nos encontros tecnolóxicos (o que fora especialmente grave mo MobileCONGalicia).

Image may be NSFW.
Clik here to view.
Adrián Rodríguez
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Daniel Martí

Antes do festival en si mesmo, tiveron lugar un par de relatorios impartidos por Adrián Rodríguez (Mola Viajar) e o profesor Daniel Martí, que aínda que eran interesantes e cunha boa posta en escena (notábase que os relatores sabían comunicar en público), parecéronme un tanto fóra de lugar: presentar Mola Viajar ante a audiencia dado que o proxecto xa recibira un premio na edición do ano pasado resultaba un tanto raro; e a charla de Daniel Martí parecía dirixida a estudantes de Comunicación, o que non era en absoluto o público presente. En definitiva, que gustei máis da intervención que fixo David Serantes o ano pasado. Igual neste tipo de actividades debían buscar máis o lecer, e non a formación.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
Trofeos do MexilOnseTuits

Para entregar os II Premios MexilOnseTuits, apareceu primeiro en pantalla a José Manuel García, presentador da gala do ano pasado, quen foi o encargado de presentar ao condutor da presente edición, o larpeiro Tomás Alonso, que soubo levar ven o pulso da sesión, aínda que admito que García foi máis divertido.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
José Manuel García
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Tomás Alonso
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Rías Baixas Style

Cando si puido lucirse Alonso foi cando tocou entregar o premio ao mellor vídeo viral, pois o gañador non estaba presente, optando por informarlle da súa vitoria por teléfono dun xeito un tanto improvisado, ao que, tras un descanso, seguiu unha sorpresa: Dani Cornes, autor do Rías Baixas Style, agachouse detrás do atril do escenario para recibir o seu premio en persoa. A anécdota do evento.

Algo que me sorprendeu bastante durante a entrega de premios é que o público parecía non coñecer o Rías Baixas Style. Un contido viral de tanto éxito, que saíu e bastantes medios de comunicación, ¿era un descoñecido para xente do mundo do Social Media galego? Cousas veredes…

Image may be NSFW.
Clik here to view.
forrest_P1130532
Image may be NSFW.
Clik here to view.
forrest_P1130554
Image may be NSFW.
Clik here to view.
forrest_P1130593
Image may be NSFW.
Clik here to view.
forrest_P1130616
Image may be NSFW.
Clik here to view.
forrest_P1130633
Image may be NSFW.
Clik here to view.
forrest_P1130648
Image may be NSFW.
Clik here to view.
forrest_P1130665
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Gañadores do MexilOnseTuits

Para recoller os seus trofeos, moitos dos galardoados acudiron correndo, o que creo que é un bo xeito de amosar o momento sen entrar en detalles. Parabéns a todos os premiados.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
mención especial aos do Tempo da TVG

E tamén hai que destacar a mención especial á xente de O Tempo da TVG,  que está a tirar proveito das redes sociais dun xeito moi especial, tendendo así unha ponte coa audiencia que destaca por ser un camiño de dous sentidos.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
Xantar no MexilOnseTuits
Image may be NSFW.
Clik here to view.
sobremesa do MexilOnseTuits
Image may be NSFW.
Clik here to view.
sobremesa do MexilOnseTuits

Rematada a entrega de galardóns, chegou o momento que moitos esperaban: a papatoria. Non pasamos fame (algo que si acontece noutros eventos semellantes, nos que hai que correr para non quedar sen probar bocado), e as sobremesas estaban deliciosas. Tamén había bastante interacción entre os asistentes, e coñecín en persoa aos responsables dalgún proxecto interesante, o que sempre está ben.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
María Montesinos
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Equipaxe de Man

Entre as curiosidades do xantar estaba o feito de que a blogueira María Montesinos estivese a usar no seu iPhone a funda de móbil menos discreta que vin na miña vida (parecía unha versión en rosa do Ryoga de Ranma ½) e os responsables de Equipaxe de Man dándose á bebida tras non gañar na categoría de mellor blog turístico. Agardemos que teñan máis sorte para a vindeira edición.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
Jimmy exercendo de celtista

Xa pola tarde puidemos pasear pola vila de Bueu, en plena celebración do Corpus Christi, con alfombras e todo, sorprendendo o feito de que había varias dedicadas ao Celta, o que levou a Juan Gestal a querer retratarse con unha. Supoño que terían un plan B, no caso de que o equipo non tivera mantido a categoría.

Image may be NSFW.
Clik here to view.
O Galeón que collimos no porto de Bueu levounos a dar unha volta durante preto de 2 horas
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Sorprendeunos a boa forma que tiña aos seus preto de 64 anos un dos mariñeiros que nos acompañou
Image may be NSFW.
Clik here to view.
"Rayos, truenos y centellas" berraba emulando ao capitán Haddock, mentres o galeón circulaba pola ría facendo eses

E, para concluír a xornada, a Asociación Os Galos de Bueu levounos a dar un paseo pola ría no Galeón Ave de Paso, nunha experiencia orixinal e divertida que durante o verán pode repetirse a través do Museo Massó (os interesados poden contactar con eles por e-mail). Recomendo a actividade mariñeira, pois ao ser nunha embarcación tradicional, non se parece en nada ao que normalmente vemos no resto dos portos galegos (cousas como axudar a subir as velas ou ter que moverse dentro do galeón ao mudar de dirección fan que sexa algo máis que un paseo).

En conclusión, MexilOnseTuits está a converterse nunha cita imprescindible do calendario do Social Media galego. Esperemos que continúe así durante moitos anos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 129

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú